Salífero - Luís López Alonso

-5%
Salífero - Luís López Alonso

Salífero - Luís López Alonso

Disponibilidad: En stock Envío: 24h
12,00€

11,40€

IVA Incluido

o
compra rápidamente sin registrarte

SALÍFERO

Autor: Luís López Alonso.

Editorial: URUTAU.
Materia: Poesía en galego.
ISBN: 978-65-87076-20-1
Encuadernación: Rústica.
Como esas figuriñas de Nadal axitadas para semellaren neve dentro; así a calixe, con nós dentro, adéntranos (apousando nun certo levigar) para un mundo cuxo arredor define o noso centro. Mundo que podería ser tamén o propio corpo, a carne, oblea ou flor de lis, que en lintel se abre a unha palabra vexetal: as súas nervaduras sobre os socalcos, sobre a pele, sobre a cóbrega, sobre a dorna, sobre as que zoa o mar.

Na densidade deste océano mineral o ollo le a fasquía que a feluxe, levedando, define en pulsación. E nese zoar do mar, nesa pulsación, a palabra implode expansiva, espiga abisal, convidándonos á atenta espera. Só entón a calixe abre e é a quenda da lectura de ousar destecer o veo perante os ollos e espreitar o ronsel destes versos de abrochos, fósiles e marusías, onde a poesía se desprega contra e para si. A esixencia é grande, maior é a dádiva.

Genaro Da Silva