Un ano no Caurel continúa a exitosa liña iniciada por Xurxo de Vivero en Un ano nos Ancares, que tan boa acollida tivo por parte dos lectores.Naturalista, ecoloxista, profesor de literatura e excelente coñecedor da montaña galega, Xurxo de Vivero preséntanos aquí unha visión entre literaria, ecoloxista, científica, informa tiva e persoal dunha das máis fermosas e aínda mellor conservadas serras de Europa.Logo de varios anos de traballo, desprazamentos, observacións, estudio e contínuas pescudas polas fragas, soutos, carballeiras, camiños e congostras do Courel, estas páxinas son o resultado de todo ese amplo e ambicioso traballo de campo.Un ano no Courel relata, mes a mes, durante as distintas épocas do ano, a vida na serra e mailas súas transformacións, os cambios que se producen na flora, na fauna, na paisaxe e na vida das xentesO libro inclúe tamén informacións precisas, a dobre páxina, sobre toponimia, a arquitectura e a literatura, coas referencias inescusables a Uxío Novoneira, María Mariño, Ánxel Fole e Fiz Vergara Vilariño, o recentemente falecido poeta do Val de Lóuzara. Destacan no libro as fermosas ilustracións puntillistas realizadas por Restituto López Hernández e as fotografías a toda cor, realizadas polo autor. A través de diversos itinerarios, este libro ofrécelle ó lector numerosas rotas para o camiñante ou o viaxeiro con coche, mapas de grande precisión, información práctica e datos útiles que fan que se configure como unha guía imprescindible, para ler na casa ou para levar no peto da mochila ou na guanteira do coche.

Autor: Xurxo de Vivero.

Nº de páxinas: 300 páxinas.

Encuadernación: Tapa Dura.

Editorial: Xerais.

Lengua: Gallego.

ISBN: 84-8302-135-8